O goberno PSOE-AER incapaz de levar propostas conxuntas ao Pleno.

IMG-20230710-WA0008
Imaxe do pasado Pleno.

O BNG asumirá unha oposición responsábel ante o bloqueo permanente do PP

 

O goberno PSOE-AER incapaz de levar propostas conxuntas ao Pleno.
Servíu o primeiro pleno do mandato, o de organización, para deixar claro que non existe un goberno unido. Tal como analizou a Asemblea Local do BNG de Redondela na que se tomou a decisión de manterse na oposición, “ante as evidencias máis que fundadas dun goberno inestábel”, que se confirmou nas diversas votacións.
Un pleno no que tan só dez días despois da toma de posesión unha concelleira do PSOE e outra concelleira do PP, presentaron a renuncia. 
Incumpríuse o acordado co BNG para o Pleno de investidura e o de organización. A división amosada polo goberno municipal, fixo fracasar os puntos máis determinantes do pleno de organización, o relativo ao persoal. 
Respectamos dende o BNG o lexítimo dereito de que cada grupo do goberno emita o seu voto en función dos seus intereses. O lóxico tería sido que as propostas do goberno foran conxuntas, para transmitir á veciñanza a sensación dun goberno cohesionado.
Pola súa parte, o Partido Popular comandado por Javier Bas cumpríu o esperado, bloquear o Pleno todo o que sexa necesario para os seus intereses partidistas. 
En fronte vai estar o Bloque Nacionalista Galego, que lonxe dos populismos doutros anos sempre defendeu que a actividade política débese desenvolver cos recursos necesarios para realizar a actividade política dignamente. A maioría das propostas defendidas no seu momento polo BNG cuestionadas outros anos, son agora aceptadas polo PP, PSOE e AER.
Malia os incumprimentos co BNG, non se mina o empeño de chegar a acordos de relevancia para Redondela, garantindo o futuro do goberno de progreso.
O goberno PSOE-AER incapaz de levar propostas conxuntas ao Pleno.