O BNG de Redondela convoca ao goberno municipal para desbloquear o pleno de organización.

IMG_20230704_223154
Grupo municipal do BNG de Redondela.

Ofrecen chegar a acordos para facilitar o bo funcionamento do concello

 

O BNG de Redondela convoca ao goberno municipal para desbloquear o pleno de organización.
Despois do fracasado intento do pleno de organización do concello de Redondela, dende o Bloque Nacionalista Galego veñen de dirixierse ao goberno municipal para iniciar conversas co fin de acadar un consenso entre todas as partes implicadas. “Asumimos a responsabildiade de dar o primeiro paso nesta negociación tras a parálise dunha semana, sen novas do goberno municipal”, sinalan fontes nacionalistas
Responsabilizan do fracaso do primeiro pleno do mandato á alcaldesa Digna Rivas por non ter consensuada no seo do goberno de PSOE e AER, a proposta que se levou á sesión do xoves 6, que finalmente non saíu adiante. “Pola nosa parte ofrecemos diálogo e colaboración para chegar a un entendemento que permita ao goberno municipal de Redondela traballar con normalidade”, destacan.
Amosan a súa preocupación dende a organización nacionalista pola dinámica que se pode instaurar neste mandato, de que calquera grupo do bipartito poida votar nos puntos resolutivos en función dos seus intereses partidistas e non como goberno cohesionado. “O principio básico dun bipartito é que ambas partes están comprometidas a defender acordos plenarios como propios”, sinalan dende o BNG.
Na tarde deste xoves a organización nacionalista dirixíuse á acaldesa para que concrete data e hora para realizar a xuntanza.
O BNG de Redondela convoca ao goberno municipal para desbloquear o pleno de organización.