A Campaña de Compostaxe, non é iniciativa do Concello. É da Deputación.
Tralas declaracións verquidas dende a concellaría de Medio Ambente sobra a Campañ de Compostaxe do Concello, dende o BNG pretenden puntualizar unha serie de cuestións.
A promoción da compostaxe, no concello de Redondela, iniciouse coa presenza da organización nacionalista no goberno municipal. A firme convicción de que a redución dos voluminosos que chegaban ao contedor verde, podería ser un obxectivo a conquerir a medio prazo, xunto a un proceso educativo medioambiental, moveron á concellaría, dirixida daquela por Carlos Pazos. Sumado a isto, unha redución na factura que SOGAMA, lle carga todos os anos ao Concello de Redondela.
O goberno de Javier Bas, continuou esta senda iniciada hai oito anos. Mais na actualidade, a Deputación de Pontevedra, a traverso da área do Medio Natural, implicouse nunha campaña de redución drástica do material orgánico. O Programa, prantexa diversos níveis de participación veciñal, no que a implicación de cada particular, convértese no eixo fundamental do proceso.
Un primeiro aspecto sería a cesión de varios centos de composteiros a particulares, para que cada veciñ@ participe na redución da materia orgánica que vai ao contedor. Revalorízase colaboración na elaboración de compost.
Un segundo aspecto, constitúeo a cesión de composteiros comunitarios. Trataríase de que unha agrupación de veciños e veciñas, principalmente de núcleos urbanos, colaboraran botando o seu lixo orgánico nestas estructuras.
Paralelamente a Deputación, iniciou o proceso selectivo para a contratacion de 10 mestres composteiros, que se encarregarían da supervisión de todo o proceso.
Dende a institución provincial, César Mosquera convidou aos conncellos a sumarse a esta iniciativa. Para Redondela, trátase dunha cuestión de grande relevanza, posto que SOGAMA, pásalle unha factura anual de máis de 800.000.
Implicarse para reducir. Concienciarse para reciclar. Difundir e educar na eliminación de reutilización dos resíduos domésticos. Preservar o medioambiente, convértese nun reto do que o BNG, vén participando dende hai anos.