Campaña do BNG en apoio ao comercio de proximidade de Redondela.

Campaña do BNG en apoio ao comercio de proximidade de Redondela.

Coincidindo coa campaña de Nadal, e ante a proximidade das Rebaixas a organización nacionalista anima a mercar no comercio de proximidade. A consolidación do pequeno comercio en  Redondela vila, e Chapela deben garantir que Redondela consiga manterse  como alternativa ás grandes superficies comerciais.

Durante a xornada do venres, un grupo de militantes do Bloque Nacionalista Galego, desenrolou unha campaña informativa entre comerciantes e veciñ@s. A posta en valor do comercio de proximidade, converteuse nun dos referentes sobre o que se asenta a acción de goberno da organización nacionalista.

O comercio de proximidade garante os circuítos curtos dos produtos primarios, tanto da terra como do mar. Ademais permite a consolidación de postos de traballo e tamén a dinamización social dos núcleos urbanos.

Comercio-03 Cartaz 2014 copia

O tecido empresarial de Redondela, ten no comercio de proximidade un dos seus sectores máis dinámicos e consolidados. O BNG, sempre apoiou, e vai seguir apoiando aquelas iniciativas que garantan o seu futuro.

As políticas emanadas, tanto dende o goberno central como o da Xunta, fomentando as grandes superficies e liberalizando os horarios comerciais, puxeron, xa hai anos, en xaque este importante sector da nosa economía.

A campaña en apoio ao comercio de proximidade de Redondela, pretende salientar a importancia deste sector, que debe ser mimado polas diferentes administracións.

Esta Campaña do BNG, é continuidade da xa desenvolvida pola organización local en defensa do comercio do casco urbano, cando o goberno de Javier Bas, apostou polo centro comercial no Canabal. Agora, como daquela, deixou ben ás claras, a organización nacionalista, o seu compromiso co pequeno comercio e o comercio de proximidade.

Esta Campaña de defensa co comercio de Redondela, vai ter continuidade nos vindeiros días no casco urbano de Chapela.

Militantes do BNG de Redondela na campaña de apoio do cormecio local.

Comercio-04 Folleto 2014

 

 

 

Campaña do BNG en apoio ao comercio de proximidade de Redondela.