Comunicado do BNG sobre a oportunista moción AER/IU “do xeito”.

Comunicado do BNG sobre a oportunista moción AER/IU “do xeito”.

Diante das informacións interesadas, e a confusión creada sobre o debate da moción de prohibición da pesca da sardiña, no mes de decembro, cómpre algunhas aclaracións por parte do BNG.

Sorprende, que as mocións do xeito que se debateron en outubro, dende a Agrupación de Electores, se limitaran a apoialas, sen practicamente entrar no debate. Nin críticas ao PP, nin á Xunta, nin ao alcalde por recibir á conselleira en Cesantes, sen presionala para dar solución ao problema. Mais, ao mes seguinte presenta, de xeito oportunista, unha moción de IU sobre “a prohibición da pesca da sardiña, co título de prohibición da arte do xeito”.

Sorprende a confusión creada por AER/IU quen aproveitando a lexítima loita dos mariñeiros de Cesantes contra a prohibición da UE da arte do xeito, dálle o título de moción do xeito, cando soamente fala da prohibición da pesca da sardiña, e das competencias da Xunta.

Sorprende que se omita  interesadamente, que se estableceu un debate no Pleno, no que a voceira nacionalista, Cecilia Pérez, prantexou varias alternativas para aclarar e enriquecer o contido da mesma.

Sorprende que dende AER, seguindo ordes de IU, se negaran a recoller ningunha iniciativa das prantexadas polo BNG, cousa que si se fixo na moción sobre o colectivo de xitanos.

Sorprende que AER siga as consignas de IU, neste, e noutras cuestións, cando un dos piares do seu discurso político, foi a non adscrición a ningunha forza de carácter estatal.

Sorprende que dende AER/IU, estean máis pendentes dos pasos dados polo BNG, que de pedir contas ao desdén do seu grupo parlamentario europeo, na visita da delegación galega.

Non sorprende que IU, en Redondela, siga sendo unha organización que pecha portas, no canto de prantexarse como alternativa de goberno.

Non sorprende, que IU, pretenda fagocitar o traballo dun colectivo de veciños e veciñas que se constituíron como Agrupación de Electores.

Non sorprende que IU, en Redondela, siga as consignas da xenreira, o revanchismo (o seu actual voceiro, de oídas, chegou a falar de “limpeza de antigos compañeir@s).

Non sorprende que IU, en Redondela, pretenda enganar, facendo esquecer que tamén formou parte dun goberno, dándolle a alcaldía a Xaime Rey.

Non sorprende que, outravolta IU, pretenda gañar espazo non a costa de prantexar alternativas de goberno, senón de fomentar o desprestixio da acción política dos demais.

Non sorprende que IU ou Podemos, no Parlamento Europeo, ignorara a visita dos mariñeiros de Cesantes…

- O BNG vai seguir defendendo as xustas reivindicacións dos e das traballadoras do mar, na defensa dun dos nosos sectores produtivos máis relevantes.

- O BNG, defende que no Pleno do Concello, máximo órgano de representatividade veciñal, se debatan mocións e cheguemos a acordos que axuden a veciños e veciñas de Redondela, de Galiza, do Estado e do resto de pobos oprimidos do mundo, a mellorar as súas condicións de vida.

10371896_656682427734136_4707414981257030143_n

Comunicado do BNG sobre a oportunista moción AER/IU “do xeito”.