Para cando a apertura do Centro de día de Cesantes?

Para cando a apertura do Centro de día de Cesantes?

Esta semana enterámonos polos medios de comunicación da visita da Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, para asinar un convenio de colaboración coa Presidenta de Aldeas Infantiles.

Nesta visita a Redondela a Conselleira estivo acompañada, entre outras persoas,  pola Concelleira de Servizos Sociais e polo  Alcalde.

No noso concello temos unha instalación, que depende da Conselleria de Benestar, que despois de dous anos ainda non se puxo en servizo como é o Centro de Dia de Cesantes. Este asunto foi obxecto de debate en varios plenos do concello pois existe unha grande preocupación polo retraso da posta en marcha deste servizo tan necesario.

Cecilia Pérez Orge, concelleira do GM do BNG solicita a resposta por escrito á seguinte cuestión:

Durante a visita da Conselleira, o Alcalde de Redondela  e a concelleira de Servizos Sociais acadaron un compromiso en firme sobre a data de apertura do  Centro de Dia de Cesantes.?

Para cando a apertura do Centro de día de Cesantes?