Os cativos e cativas de 0-3 anos de Chapela non poderán iniciar o curso por neglixencia da Xunta.

IMG-20230911-WA0001

Utilizan a construcción da Escola Infantil como reclamo electoral 

 

Os cativos e cativas de 0-3 anos de Chapela non poderán iniciar o curso por neglixencia da Xunta.
Nin o Partido Socialista fai valer a súa alcaldía, nin o Partido Popular pretende dar un servizo básico ás familias de Chapela. Xa son varios os procesos electorais nos que o PP, apoiando ao seu candidato plantexou a construcción da Escola Infantil. A día de hoxe demostrouse que todo era mentira.
O BNG leva varios anos presentando emendas aos orzamentos da Xunta para o inicio da construcción na parcela municipal “Ginaria”, en Cidadelle. A todas as propostas nacionalistas sempre foron respostadas coa negativa do Partido Popular. As iniciativas parlamentares para que Chapela contara cunha Escola Infantil para os cativos e cativas de 0 a 3 anos, non lle importaron aos e ás populares.
Nestos días nos que dá inicio o curso escolar en Educación Infantil, as familias de Chapela, e outras veciñas non poderán levar aos seus cativos e cativas a clase.
Esta parroquia de Redondela, cunha alta densidade de poboación, con numerosas familias con nenos e nenas nesta franxa de idade, necesita xa dunha Escola Infantil pública. As mellores condicións, o mellor equipamento, gratuidade, e un ensino en galego. Eis os conceptos que defendemos dende o Bloque Nacionalista Galego. Ventosela tamén podería verse beneficiada, co que se daría cumprimento a unha demanda de conciliación que moitas familias novas.
“Seguiremos insistindo, presionando, presentando iniciativas para que canto antes a Escola Infantil en Chapela sexa unha realidade e se preste un servizo educativo de calidade aos nosos cativos e cativas”, afirma o voceiro municipal Xoán Carlos González
Os cativos e cativas de 0-3 anos de Chapela non poderán iniciar o curso por neglixencia da Xunta.