Cecilia Pérez, na elección de persoeira do ano. “ O BNG non o vai a apoiar...

Cecilia Pérez, na elección de persoeira do ano. “ O BNG non o vai a apoiar...

Cecilia Pérez, na elección de persoeira do ano. “ O BNG non o vai a apoiar por tratarse dun procedemento totalmente viciado”.

PP, PSOE e AER, respaldan a elección de Rita Otero persoeira do ano 2014.

Despois dun “peregrinar” de varios meses por diversas comisións, o xoves 27, no Pleno de marzo, acordouse nomear a Rita Otero persoeira do ano. Cecilia Pérez, voceira do BNG destacou , “ que se trata dun proceso viciado dende o inicio, pois a proposta nace dun colectivo vinculado directamente con quen finalmente foi electa”.

Nesta ocasión puxéronse de acordo o PP, PSOE e AER, para dar o aval á proposta. Na comisión de estudo, o representante dos socialistas defendeuna como se fora propia. Pola súa banda, a Agrupación de Electores, deu agora si a confianza a quen os representaba na Comisión.

O Bloque Nacionalista Galego defendeu  dende o primeiro momento, que o outorgamento desta distinción debe ser un feito excepcional e puntual. Acordar que todos os anos haxa un persoeiro do ano, deturpa o propio proceso de nomeamento.

No debate plenario Cecilia Pérez, recordou que xa no 2013 “o BNG non lle ía a dar o apoio a todo este proceso, porque está viciado dende a base”.

Na súa resposta o concelleiro de cultura, Julio Alonso, fixo gala da marca do goberno de Javier Bas. Pretender desvincular a política da toma de decisións, apoiado con certas doses de finxida inocencia, e mesmo chegando ao vitismo para que as súas propostas saían adiante.

Na segunda quenda Cecilia Pérez respostoulle ao concelleiro de cultura “ que o BNG sempre participou de todas as comisións que lle competía estar”. Fixo fincapé en que non quixeron recoller as súas suxestións, no 2013, que todavía manteñen, e que polo tanto ían a votar en contra”.

O eixo fundamental da argumentación nacionalista, fundaméntase en que esta distinción debe contar co consenso de todas as organizacións e colectivos. Que debe basearse nunha única proposta, e que sexa a discreción a norma imperante nesta designación.

PP, PSOE, AER, fixeron gala de que o importante é ter o protagonismo no proceso, non ter  en conta os méritos, de, neste caso, a elección da persoeira do ano.

En contra do que se ten manifestado, e mesmo argumentado por representantes do PP e do PSOE, os méritos alegados son de “dubidosa credibilidade”. Cinguímonos ao recollido nas memorias de José Regojo Rodríguez:

 

“En 1928, adpoté la decisión crucial de trasladarme a Redondela. ¿Qué me movió a obrar así?... Los motivos que pesaron sobre mi ánimo para inducirme a tomar semejante determinación fueron varios. Creí, en primer término, que la industria de la confección ofrecía un porvenir más risueño en España que en Portugal. Los años de la Dictadura del general Primo de Rivera habían supuesto para nuestro país un inocultable desarrollo económico. Amigos pontevedreses residentes en Lisboa, me animaban mucho para que fuera a establecerme allí, lo que me reiteraban también algunos alcaldes de municipios tales como los de Pazos, Porriño, Redondela y Sotomayor. Por último, aunque ella se mostraba contenta en Lisboa, yo estaba seguro de que tanto mi esposa como su familia experimentarían vivísima satisfacción si yo instalara una fábrica en Redondela”.

Cecilia Pérez, na elección de persoeira do ano. “ O BNG non o vai a apoiar...