Coa problemática do contedor da Punta, o BNG non vai facer concesións

Coa problemática do contedor da Punta, o BNG non vai facer concesións

Na liña do manifestado por Cecilia Pérez,  o BNG de Redondela mantén a súa postura: concesión “0” ante a posibilidade de que o contedor se mantivera neste espazo. Unicamente os intereses electoralistas forzaron a que o goberno recuase na súa teima de que seguira na Punta da Praia.

Na sesión plenaria de outubro debateuse a moción da Agrupación de Electores. Que Ana Alonso, defendera a ultranza a ubicación no areal, no canto do concelleiro de medioambiente, deixou ben claro cales son as prioridades de Javier Bas e o seu equipo sobre a preservación dos areais do concello.

Xoán Carlos González, sacoulle as cores á voceira popular cando expuxo os termos nos que se fixo a contratación de dúas empresas para o desenvolvemento do curso de formación. A empresa Nalú foi quen se dirixiu ao goberno ofertando un proxecto, que o concello mercou, vendéndoo como iniciativa propia.

Tamén desvelou o concelleiro nacionalista, que foran 5.000 euros os que pagara o goberno para mercar este contedor. Cartos, que agora se demostra que foron tirados. Non andou con brincadeiras o voceiro nacionalista, ao responsabilizar ao goberno de Javier Bas, de manter aquel obstáculo no medio da praia.

Os acordos aos que finalmente chegaron o PP e AER, abrían a porta a manter o contedor na Punta, proposta á que o BNG opúxose frontalmente. A posibilidade de que un obstáculo desas dimensións, se mantivera a carón do espazo dunar que aínda está por recuperarse, poría en xaque a Punta da Praia de Cesantes.

Dende a forza nacionalista cuestionamos calquera acordo no que se propuxese a posibilidade de manter o contedor nun entorno tan sensíbel. O defendido por Cecilia Pérez e Xoán Carlos González, amosou a coherencia, co posto en práctica polo BNG.

10371896_656682427734136_4707414981257030143_n

Coa problemática do contedor da Punta, o BNG non vai facer concesións