O goberno municipal pretendeu chantaxear ao BNG, co Centro de Día de Trasmañó.

O goberno municipal pretendeu chantaxear ao BNG, co Centro de Día de Trasmañó.

Practicamente rematado o ano 2014, o Bloque Nacionalista Galego destaca como un das cuestións máis negativas, o feito de que o goberno municipal “non dera pasos en firme para a adaptación do antigo colexio de Trasmañó en Centro de Día”.

Levar as rendas da proposta partiu das filas nacionalistas cando formaba parte do goberno municipal de Redondela. Baixo o paraugas do Plan Marisma “prantexouse a necesidade de dotar ao cuarto concello da provincia cun segundo Centro de Día”. Tratouse dunha negociación complicada, no seo do goberno, mais o acordo foi satisfactorio.

Unha vez que Javier Bas, e o seu equipo, asumiron a responsabilidade de gobernar en Redondela, a proposta quedou en “vía morta”. O propio alcalde, Javier Bas lanzou a proposta peregrina de que a escola infantil de Chapela, se situara no antigo colexio de Trasmañó.

O último episodio que sacude a esta infraestrutura, viviuse na sesión plenaria na que se debateron os orzamentos do 2014. A concelleira, Ana Alonso, nun último intento por que a oposición se sometese a uns orzamentos dificilmente asumibles, botou man da chantaxe. Entre outras cousas afirmou que “non apoiar os orzamentos suporían que non se construíra unha dotación como o Centro de Día de Trasmañó”. A esta presión, cedeu finalmente, un dos concelleiros do Partido Socialista.

“Agora demóstrase que nunca foi prioridade para o goberno de Javier Bas, que Redondela contase cun novo equipamento de carácter social” afirma o concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González. A pesares de que naqueles orzamentos “deslumbrantes” existía unha partida de 537.000€ para a adaptación do Centro de Día de Trasmañó, dos cales 166.000 aportados polo Concello e 371.000 aportados polos Fondos FEDER, simplemente consistiu nunha grande mentira.

O BNG vai poñer en marcha nos vindeiros meses, unha campaña informativa sobre a importancia de que o Centro de Día sexa realidade. “Mantemos o compromiso de dotar a Redondela dun segundo Centro de Día para dar resposta ás necesidades que o cuarto Concello da provincia require”, afirma o concelleiro nacionalista.

 

Cecília Pérez e Xoan Carlos González

O goberno municipal pretendeu chantaxear ao BNG, co Centro de Día de Trasmañó.