Comunicado do BNG de Redondela sobre a sentenza de AUCOSA.

undefined
Concentración veciñal contra os cheiros de Aucosa.

Como resultado da sentenza emitida polo xulgado do contencioso administrativo nº2 de Vigo a partir da denuncia presentada por veciños e veciñas colectivamente contra o concello de Redondela pola concesión de licenza de obra a Auxiliar Conservera, AUCOSA, ubicada no barrio de Cabanas (Trasmañó), dende o Bloque Nacionalista Galego queremos manifestar:

Comunicado do BNG de Redondela sobre a sentenza de AUCOSA.

- A sentenza, publicouse o 27 de xaneiro. Despois de ser convocada unha xunta de voceiras e voceiros, para o xoves 2, na que dende os equipos xurídicos e representantes de todas as forzas se realizou unha primeira análise; dende o BNG, agardamos a manter unha xuntanza co colectivo, para os vindeiros días, e realizar unha posta en común.

- Con toda a información facilitada, dende o BNG, imos desenvolver iniciativas  políticas, tanto no Concello como no Parlamento Galego. Trátase dunha oportunidade para que esta empresa abandone os terreos que ocupa en Rede Natura 2000.

- Amosar a preocupación do BNG, polo prexuízo económico que para o concello pode supor no caso de que a sentenza se faga firme no TSXG. Tal como puido suceder coa problemática da Cementeira de Vilar de Infesta, o equilibrio económico do Concello para os vindeiros anos, está no aire.

- Responsabilizar directamente tanto ao Partido Popular, que con Javier Bas á cabeza defendeu, mesmo nun acto veciñal, a ampliación da factoría cando xa había evidencias de que non había base para permitila.

- Ante as dúbidas e evidencias existentes, o goberno de Digna Rivas no ano 2020 nunca debeu conceder a licenza de obra, tal como recoñece o xulgado. A sentenza incide directamente na cualificación urbanística onde se realizou a ampliación: Solo Urbano Industrial, solo non urbanizable de protección de costas, e solo da Autoridade Portuaria.

- Reiterar o apoio do BNG ao movemento veciñal, que se intensificou nos últimos anos con distintas iniciativas, encontros, xuntanzas e mobilizacións en contra das obras de ampliación.

- O BNG, ten presentado alegacións ante a Autoridade Portuaria contra a ocupación dos terreos de carácter industrial na beiramar de Redondela. A maioría destas alegacións, foron silenciadas ou ignoradas.

- A parlamentaria do BNG, Alexandra Fernández mantivo encontros co colectivo de afectados e afectadas, participou en diferentes concentracións, e levou a problemática ao Parlamento Galego. Solicitou comparecenzas da directora xeral de Calidade Ambiental que outorgou a Autorización Ambiental Integrada á empresa.

- A requirimento do colectivo de afectados e afectadas, a través do representante do BNG no Congreso, Néstor Rego, solicitamos información a ADIF sobre as afecccións da planta de gas sobre a liña férrea, instalada nos terreos da factoría.

- Dende o Bloque Nacionalista Galego, presentáronse alegacións ante a Autoridade Portuaria no referente á proposta da empresa para construír no mesmo espazo unha nova factoría de AUCOSA de fariñas para consumo humano.

- Recoñecer o compromiso do colectivo de afectados e afectadas pola problemática de AUCOSA, quen mesmo ante o requirimento de información ao Concello se atoparon co obstrucionismo do goberno PSOE-AER, tendo que requirilos a través do xulgado.

- Respectar os tempos marcados polo colectivo de afectados e afectadas, que dende hai anos abandeiraron a loita veciñal, contra unha planta, que producía, cheiros e fedores, contaminación medioambiental, ao propio barrio de Cabanas, senón tamén á parroquia de Trasmañó, Chapela, Cedeira

- Reafirmar o apoio do Bloque Nacionalista Galego á loita veciñal abandeirada polo colectivo de veciños e veciñas afectadas para que a empresa deixe a súa actividade en Cabanas.

Comunicado do BNG de Redondela sobre a sentenza de AUCOSA.