O BNG, frea as pretensións do goberno municipal, de converter a finca Arañol nun aparcadoiro.
“Polo seu relevante valor patrimonial e medioambiental, este espazo, debe ser recuperado para o uso e disfrute da veciñanza”, asegurou Xoán Carlos González, voceiro municipal
28 feb. 2022 - 08:59
No pleno de febreiro, o goberno do PSOE, presentou unha proposta de finaciamento plurianual, con cargo ao Plan Concellos. As partidas sumaban, 546.500€, coa finalidade de derrubar a nave construída hai cincuenta anos. A adquisición da mesma xa supuxo un investimento de 450.000€.
O sorprendente da cuestión, residía, en que na proposta presentada polo goberno municipal, recollíase unha partida para a construcción do calificado como “aparcadoiro disuasorio”. No debate o voceiro nacionalista, emprazou ao goberno socialista, a estudiar outras alternativas cercanas, que permitirían tanto a construcción dun aparcadoiro, como dunha estación de autobuses.
A parcela de catro mil metros cadrados atópase no río Maceiras, na entrada de Redondela, a carón do Convento de Vilavella e do Camiño Portugués. “Trátase dunha parcela situada nun enclave único, onde conflúen elementos medioambientais e patrimoniais, que deben ser postos en valor”. Acusou ao goberno de Digna Rivas, de non ter proxecto de mobilidade en Redondela.
Recordou que este treito do río, “exerce de funil cando se producen enchentas, anegando grande parte da zona. Perfectamente poderíase complementar a recuperación ambiental, cun tanque de treboadas, para reducir o impacto cando se anega”.
Considera o voceiro nacionalista, que despois desta proposta “queda claro que ao goberno socialista de Redondela, non se lle pode deixar actuar polas súas ocurrencias. Debe ser tutelado, para que realmente desenvolva políticas a prol da veciñanza”, remata na súa nota.