A deputada, Alexandra Fernández, interpela ao goberno sobre a sentenza de AUCOSA.

IMG-20220228-WA0000
Alexandra Fernández xunto ao grupo municipal.
 
Con data 27 de xaneiro, emitíuse sentanza, polo xulgado do contencioso número 2 de Vigo, dándolle a razón aos veciños e veciñas, contra o goberno municipal de Redondela. Ábrese a posibilidade de que AUCOSA, poida saír da beiramar de Rande-Cabanas.
 
A deputada, Alexandra Fernández, interpela ao goberno sobre a sentenza de AUCOSA.
En todo momento, o Bloque Nacionalista Galego, estivo cos veciños e veciñas, presentado alegacións, mantendo xuntanzas, solicitando a comparecencia da alcaldesa, e da directora xeral de calidade ambiental.
Tras a publicación do auto, a deputada nacionalista Alexandra Fernández, presentou varias iniciativas instando á Xunta a dar as pertinentes explicacións sobre o contido da sentenza contra Aucosa, dado que o Goberno concedeu a Avaliación Ambiental Integrada (AAI) malia tratarse dunha actividade contaminante.
Fernández asegurou que a Xunta ten exercido “unha función de amparo e protección dunha factoría que verque á Ría, danando os ecosistemas mariños, producindo fedores e alterando a calidade de vida dos veciños e veciñas”. Recordou que malia as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza e do Tribunal Supremo, que consideraban a actividade da factoría incompatíbel coas Normas Subsidiarias, a Xunta decidiu outorgarlle a AAI.
Na propia sentenza, o xuíz salientou o contraste da actitude da Xunta, que se mostra implacábel con particulares obrigando a derrubos, mais é condescendente con Aucosa.
Entre as iniciativas presentadas por Fernández recóllense varias preguntas para seren respostadas en Comisión e unha pregunta para seren respostada no Pleno do Parlamento.
 
 
 
 
 
A deputada, Alexandra Fernández, interpela ao goberno sobre a sentenza de AUCOSA.