O BNG de Redondela demanda a construcción dun novo cruce a Cabeiro.

IMG-20220209-WA0020
“Os accesos á parroquia dende a N555 resultan perigosos e inseguros polo que urxe o inversións do Concello na mellora da seguridade viaria”, afirma o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González.
O BNG de Redondela demanda a construcción dun novo cruce a Cabeiro.
Dende a organización nacionalista alertan sobre a inseguridade viaria na que se manteñen numerosos viais do concello de Redondela. Continúa a mesma problemática dende hai décadas, e no canto de enfrentar actuacións que busquen unha solución, dende o goberno municipal do PSOE, non afrontan a súa responsabilidade.
Unha das situacións máis graves que sinalan dende o BNG, constitúenos os diversos accesos dende a estrada que une Redondela co Aeroporto, coa parroquia de Cabeiro. “Trátase de cruzamentos perigosos e inseguros para os conductores e conductoras que diariamente acceden ou pretenden acceder a esta estrada nacional”, apunta o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González. Tanto en sentido ascendente, como descendente estas interseccións empregadas pola veciñanza supoñen poñer en risco a súa seguridade e a dos demáis.
Sinala que as principais entradas e saídas a esta parroquia manteñen a mesma situación dende hai décadas. A N555, que une Redondela co Aeroporto, caracterízase por un trazado sinuoso, sen beirarrúas, mala visibilidade, alta densidade de tráfico e con velocidades inadecuadas. Tendo en conta xa esta situación o edil nacionalista considera que “por parte do concello deben afrontar a súa responsabilidade e actuar na parte dos cruzamentos con esta estrada, de competenza municipal”. Afirma que non se pode seguir mirando para outro lado, mentras as principais entradas a Cabeiro seguen sendo perigosas.
Para Xoán Carlos González, facilitar as entradas e saídas dos vehículos a esta parroquia dende a estrada nacional, debe constituír un obxectivo prioritario na mellora da seguridade viaria. “Emprazamos ao goberno de Digna Rivas, para que inicie os trámites e a inversión necesaria para a construcción dun novo cruce máis seguro á parroquia de Cabeiro”, remata na súa nota
 
O BNG de Redondela demanda a construcción dun novo cruce a Cabeiro.