A ordenanza de biotrituradoras; novo vergoñento episodio plenario.
O BNG quedou só defendendo a proposta do goberno municipal, mentras o PSOE, retirouna a petición de AER e PP.
20 mar. 2022 - 09:27
Os Plenos, como máximo órgano de decisión e participación política e veciñal, constitúen unha dos recursos que con maior nitidez describen a acción política dos diversos grupos. Na sesión de marzo, volvemos a asistir a un novo vergoñento episodio de propostas ridículas, que deixan en moi mal lugar a acción política tanto do PSOE, como de AER e PP
A ordeanza das biotrituradoras, consitúe un dos episodios máis vergoñentos dos últimos meses. O goberno do PSOE, xa en decembro, anunciou nos medios que as dúas máquinas adquiridas por 2.000€ xa estaban a disposición da veciñanza. Nada máis lonxe da realidade, pois tamén se abrira un prazo para elaboración dunha ordeanza. Polo tanto, a día de hoxe aínda non se poden empregar.
Levouse a pleno de febreiro, e dende o BNG, malias críticas de un proceso “pouco transparente” e cheo de propaganda, entendiamos que había que aprobala, para facilitar o seu uso. Mesmo entendemos, que non é tan necesaria dita ordeanza. Existen mecanismos de control, moito máis sinxelos, e áxiles.
Pois ben, durante o debate, tanto AER como PP, prantexaron deixar sobre a mesa a ordeanza, para estudiala máis a fondo. O PSOE, sumouse. O resultado final, foi que o BNG, votou a favor de dita ordeanza, e o resto de grupos, adiaron a decisión un mes máis.
Non é cuestión menor, que máquinas adquiridas en novembro, van ter que esperar, como mínimo ata abril, para seren empregadas, e supomos que a garantía das mesmas vai correndo dende a data de adquisición. Un novo episodio vergoñento, ao que se someten os plenos.