Concentración do BNG no centro de día de Cesantes reclamando a súa apertura.
O BNG de Redondela convoca este venres día 13 ás 20:00 horas, unha concentración de toda a veciñanza do noso concello ante o edificio do centro de día de Cesantes para reclamar a apertura inmediata dun centro que leva máis de seis anos rematado e pechado pola falta de vontade política e de sensibilidade humana do goberno da Xunta de Feijóo, coa complicidade de Javier Bas.
O Responsable Local: Anxo Lusquiños, fai un chamamento a participación masiva neste acto reivindicativo. E totalmente inadmisible que un concello como Redondela non teña en funcionamento un centro de día público, mentres asistimos o deterioro destas instalacións