O concerto de Milladoiro en Reboreda, a piques de non se celebrar

O concerto de Milladoiro en Reboreda, a piques de non se celebrar

.

A deputación gobernada polo Partido Popular, non comprometera orzamento, nin contratara o concerto.

En agosto do ano 2015 a parroquia de Reboreda celebrou o 175 aniversario das súas festas. Unha data, que ben merecía unha celebración especial. Non iba a deixar pasar esta oportunidade, en plena precampaña eleitoral, o goberno de Javier Bas. Con grande parafernalia, anunciou a presenza nas festas de agosto, nin máis nin menos que o grupo Milladorio.

Aproveitándose, novamente da súa situación de privilexio, o alcalde de Redondela, volveu a empregar a Deputación de Pontevedra, para traballar para o partido. Todo eran facilidades, demostrando o grande compromiso da institución provincial con Redondela. A deputada de cultura da institución, ata daquela ninguén sabía que existía, víu a acompañar ao rexedor local no anuncio da boa nova.

Foron pasando as semanas. Pasaron as eleicións, e tanto Javier Bas, como Louzán caíron en desgraza. O primeiro, porque non acadou unha maioría que todos auguraban, o segundo por que perdía “a súa presidencia vitalicia”.

Chegou pois o mes de agosto, todo estábase a preparar para conmemorar os 175 da celebración das Festas de Reboreda. Mais, un dos elementos principais, o comprometido concerto de Milladoiro non estaba xestionado.

Dende a área de cultura da Deputación, fixéronse todo tipo de xestións co concello de Redondela, para poder solventar a problemática. Un grupo de tanta repercusión no noso país, tiña comprometidos outros concertos, mais non o anunciado de Reboreda.

Vendo que o que primaba, naquel momento, era cumprir os compromisos, e que se viran colmadoas a expectativas da veciñanza, acadouse o obxectivo final da celebración do concerto.

O goberno municipal de Redondela, o goberno de Javier Bas, en ningún momento se preocupou por saber se estaba contratado o concerto. O único que lle interesou foi facer, unha vez máis, propaganda política e xogar coa veciñanza. Finalmente a xente de Reboreda, e do resto de parroquias, ou doutros concellos puido desfrutar do concerto de Milladoiro, e todo malia o PP.

O concerto de Milladoiro en Reboreda, a piques de non se celebrar