Debate Persoeir@ do Ano. Os outros grupos, danlle a razón ao BNG.
Tanto PP/PSOE/AER, danlle a razón ao concelleiro nacionalista, máis deciden seguir adiante co nomeamento. Un proceso deturpado, marcado polas eleccións, que carece do refrendo dos colectivos sociais.
O Pleno do 2 de setembro, recollía como un dos puntos da Orde do Día a Proposta de nomeamento de persoir@ do ano 2015. Estreouse o concelleiro de cultura, Xavier Alonso, defendendo a proposta emanada da Comisión de Valoración.
Xoán Carlos González, iniciou a súa intervención, afirmando que tres das catro figuras propostas, poderían cumprir perfectamente o perfil marcado neste nomeamento. Defendeu o coherente posicionamento do BNG, neste procedemento, ao mesmo que en anos anteriores.
Considerou, o nacionalista, que se trata dun proceso deturpado polo goberno de Javier Bas. Este nomeamento, debe ser un feito excepcional. A convocatoria anual, leva á ritualización, co que perde todo o sentido e lóxica, afirmou na súa intervención.
Segundo o concelleiro do BNG, o grupo de goberno debería ser quen levara o temón da cuestión, sondando a colectivos, chegando a consenso con eles, para poñer en valor a figura electa. Mais o goberno de Javier Bas, pretende convertelo nunha especie de quiniela, sen ningún traballo de difusión.
Unicamente respostaron 5 dos cáseque 90 colectivos convidados, o que deixa ben ás claras, o escaso respaldo social que tivo esta convocatoria. Este feito foi destacado por Xoán Carlos González, xunto a que a decisión final tómana as forzas políticas.
Nas súas respostas, tanto PP, PSOE, como AER, déronlle a razón aos argumentos prantexados polo concelleiro nacionalista. Escaso respaldo social, retraso máis que evidente na decisión, o que vai levar a que se manteñan os actos no 2016, deixar fóra a única proposta que contaba co respaldo de 2 asociacións,....
Noutra parte da intervención, o concelleiro do BNG, falou dun interese político en retrasar todo o procedemento. Deste xeito, Javier Bas, non se enfrontaba con ninguén en plenas eleccións municipais. Tamén se referiu ao compadreo entre PSOE e PP, ao saír adiante alternativamente, propostas prantexadas por colectivos afíns.
Malia que PP/PSOE/AER, mantiveron o seu acordo, o BNG vai seguir traballando para dignificar o procedemento de Peroseir@ do Ano, e se acade un verdadeiro consenso e apoio social.