Encontro do BNG, coa Asociación Cultural de Chapela.
O voceiro local, Xoán Carlos González, e a concelleira Jéssica García, mantiveron un encontro con membros da directiva da Asociación Cultural de Chapela. Na xuntanza, mantida nos locais dos baixos do pavillón “Manuel González Soto”, de Chapela. Este espazo, está ocupado na súa maior parte, para uso da Escola de Música, dependente da Asociación.
Entre os temas tratados, as necesidades de medre da asociación, que imparte docencia musical a máis de douscentos alumnos e alumnas. A proposta, de aumentar o uso dun local nos propios baixos, xa é coñecida polo goberno municipal.
Coincide coas obras que se están acometendo de ampliación do local de Servizos Socias, co que a Escola de Música, comparte baixos.
Por parte do grupo municipal nacionalista, recoñeceuse o traballo que se está a desenvolver nestes en plena pandemia, mantendo unha mínima actividade cultural.
De igual xeito transmitíuselles que a proposta de ampliación do local de Servizos Sociais, nos baixos do pavillón, non é compartida pola organización nacionalista. “Imos traballar para que este servizo municipal, conte cun espazo máis digno e de primeira calidade. Para iso plantexamos un novo edificio multifuncional, na parcela anteriormente ocupada polo Colexio Igrexa”.
Por outra banda dende o BNG, manifestaron a súa preocupación, pola situación das condicións en que diversas asociacións musicais da parroquia estaban a desenvolver a súa actividade. “Cómpre chegar a un acordo para rendabilizar espazos, e traballar en común para crear outros novos”, manifestou o edil nacionalista. Finalmente o grupo municipal nacionalista, comprometeuse a seguir traballando na situación.