GALIZA NOVA DENUNCIA O PECHE DO LOCAL DE NSAIO.
Pechado desde o mes de agosto, ninguén sabe cando se vai poder facer uso deste local.
Nos últimos anos,os grupos de música de diversos ámbitos do noso concello dispoñían dun local, cunhas condicións axeitadas para poñer en marcha os seus proxectos musicais. Deuse resposta, con esta infraestructura ás demandas da xente nova, que quería encamiñar a súa actividade profesional ou o lecer a diferentes eidos musicais.
Ademáis de cubrir dita demanda, tratábase dun proxecto novidoso, en tanto que os propios grupos autoxestionaban as actividades do Local. Existiron importantes atrancos, pero o local continuaba funcionando.
No pasado mes de agosto a Concellaría de Participación Cidadá e Xuventude, decidíu clausurar temporalmente o Local de Nsaio de Redondela. Segundo se desprendía das súas declaracións o obxectivo deste peche era o de afrontar o arranxo do local, e que nun breve prazo de tempo sería posto a disposición dos grupos de música de Redondela.
Desde a organización local de Galiza Nova, asistimos con preocupación á desidia do goberno municipal, porque este local de Nsaio, poida volver a funcionar normalmente. Estamos á espera de que se nos facilite información sobre a nova fórmula de xestión, que parece ser vai levar o PP.
Neste sentido, como organización dirixímonos aos concelleiros do Grupo Municipal do BNG, para que solicitara unha comparecencia en Pleno da Concelleira de Participación Cidadá e Xuventude do goberno municipal, cuestión que se resolverá no Pleno do día 29.