Goberno e AER rachan o acordo de todos os grupos, sobre as comparecencias.
No Pleno de febreiro, produciuse un feito, considerado polo grupo municipal do BNG, como a proba de que tanto AER como PP, asumen os acordos segundo o seu beneficio.
Ás once e media da noite, debería iniciarse a quenda de comparecencias, tal e como se acordara por parte dos voceir@s. O BNG, pedía que a concelleira de Servizos Sociais, Teresa París, dera as oportunas explicacións sobre a problemática dos Grupos de Dinamización Teatral. Mais acaeceu un feito, que non se pode calificar máis que de manipulación dos grupos maioritarios AER/PP, ao manter o debate sobre unha moción da Agrupación de Electores. Deste xeito, adiouse para un Pleno posterior, dita iniciativa.
Cecilia Pérez, voceira nacionalista, expresoulle as súas queixas ao alcalde, quen as ignorou. Denotaba que había moito nerviosismo pola comparecencia solicitada.
Asistimos así, a unha nova manipulación do Pleno do Concello de Redondela, e dos acordos da xunta de voceir@s. Que dúas formacións, acordaran coa súa maioría, saltarse o que se pactara varios meses atrás, non pode ser cualificado máis que unha manipulación en función de intereses partidistas.
En numerosas ocasións teñen quedado enriba da mesa mocións para Plenos posteriores, mais respetábase a quenda de comparecencias e preguntas, durante a derradeira media hora da sesión plenaria. Con esta decisión unilateral tomada tanto pola Agrupación de Electores, como polo Partido Popular, dende o BNG, reservámonos o dereito a reconsideraren os acordos tomados en Xunta de Voceir@s.