O goberno de Javier Bas, obrigado a recoñecer que manexa diferentes proxectos.

O goberno de Javier Bas, obrigado a recoñecer que manexa diferentes proxectos.

Durante o debate de diferentes asuntos do pleno de novembro, tanto a Ana Alonso como a Miguel A. Ballesteros, non lles quedou máis remedio que falaren de distintos Proxectos que manexa o equipo de goberno.

Primeiro foi a concelleira de facenda, quen no punto sobre a modificación do Plan Marisma Máis, referiuse a que existía un proxecto para o Paseo en Cesantes. Mesmo apuntou a que o orzamento superaría o millón de euros de inversión.

A voceira do BNG, Cecilia Pérez botoulle en cara ao goberno municipal, que se ocultara  este documento tanto a forzas políticas como a colectivos da parroquia. Recordou na súa intervención, que existía un compromiso de, en canto se manexara un Proxecto, faríaselles saber.

Na quenda de debate da moción presentada pola organización nacionalista sobre a humanización de Os Eidos, o concelleiro de medioambiente,tamén amosou un “ambicioso proxecto” para este entorno. Volveu a arremeter Cecilia Pérez contra o goberno municipal, afirmando que despois de tres meses dende que o BNG presentara unha proposta, o goberno de Javier Bas, negousenos a dar información ata a sesión plenaria.

Non queda máis que concluír, que o goberno municipal do Partido Popular de Redondela, xa está a planificar a campaña. Non só porque pretende adiar ao máximo moitas obras pendentes de realizar, para recoller no seu currículo, senón tamén para incluír diferentes proxectos no seu programa electoral.

Constitúe unha mostra máis de que Javier Bas e o seu equipo, gobernan en función dos intereses de partido, non para Redondela. A evidente falla de Proxecto, que permita unha actuación coordinada de todas as concellarías, é totalmente inexistente.

Pola parte que lle toca ao Bloque Nacionalista Galego, vai seguir na liña de desvelar a falla de criterio do goberno. Vai seguir denunciando actuacións que non respondan aos intereses de veciños e veciñas, ademais de seguir facendo propostas en positivo, cando as condicións o permitan.

 

Imaxe de Os Eidos

Imaxe de Os Eidos

O goberno de Javier Bas, obrigado a recoñecer que manexa diferentes proxectos.