O BNG de Redondela solicita deter a cesión dos baixos do pavillón de Chapela.

O BNG de Redondela solicita deter a cesión dos baixos do pavillón de Chapela.

Tanto o Grupo Municipal, como a organización local, por medio do seu responsábel, Xavier Balsas, presentamos sendos escritos nos últimos días. O motivo; deter o procedemento de cesión demanial dos baixos do polideportivo municipal de Chapela.

Coñecedores dende a organización nacionalista deste proceso, iniciado en pleno verán, ademais do malestar amosado por colectivos e asociacións parroquias pola falla de información, decidimos presentar sendos escritos ante o alcalde, Javier Bas.

No primeiro, o Grupo Municipal, solicita que se deteña o procedemento, para que sexan informados e escoitados os colectivos parroquiais.

No segundo dos escritos, pídese unha convocatoria urxente do Consello Parroquial para que se debata esta cesión. Igualmente, pretendemos dende o BNG, que se escoiten as demandas dos diversos colectivos e asociacións de carácter cultural de Chapela.

Agardamos que o alcalde resposte ás demandas sociais, escoitándoas no Consello Parroquial.

10371896_656682427734136_4707414981257030143_n

O BNG de Redondela solicita deter a cesión dos baixos do pavillón de Chapela.