Para o BNG, o goberno de Javier Bas obstaculizou a extensión da rede de saneamento.

Para o BNG, o goberno de Javier Bas obstaculizou a extensión da rede de saneamento.

“Dunha inversión superior aos 600.000 € anuais, baixouse a menos da metade”, afirma o concelleiro nacionalista Xoán Carlos González.

 

Detectar as verdadeiras necesidades do conxunto da poboación e actuar para dar resposta ás demandas dos diferentes equipamentos. Así consideramos na nosa organización como debe ser a acción do goberno municipal. Dentro destas necesidades, unha das prioritarias converteuse dende hai anos na chegada da rede de saneamento a todas as parroquias de Redondela.

Coa presenza do BNG no goberno municipal de Redondela, iniciouse un ambicioso plan para dar resposta ás  históricas demandas veciñais. A percepción social deste traballo foi moi positiva, o que levou a que cada vez un maior número de veciñ@s, esixira a chegada do saneamento.

“Actuouse con criterio e planificación. Priorizouse a inversión anual dun mínimo de 600.000 euros. Algún ano chegouse a superar o millón de euros. Consideramos que o goberno de Javier Bas ía manter este ritmo inversor, pero unha vez máis tratouse dunha proclama”, afirma o noso concelleiro.

Considera que moitos votantes que se fiaron de Javier Bas, están desencantados, posto que as súas prioridades van por outras liñas“máis espectaculares”. “Non se trata dunha prioridade para o goberno municipal porque trátase dunha infraestrutura que non arrastra moitos votos”.

“Compromiso 0” do goberno de Javier Bas.

Para o concelleiro do BNG tratase dun “compromiso 0” coa chegada do saneamento a todas as vivendas do concello. “Polo tanto, trátase dunha falla de compromiso coas verdadeiras necesidades de veciños e veciñas, principalmente nas parroquias”.

Xoán Carlos González acusa ao alcalde Javier Bas, de “exercer de auténtico apagalumes, pois ante a problemática denunciada polos veciños e veciñas de Os Valos; no canto de  prantexar solucións, publicita outras obras de saneamento, que deberían ser tomadas como unha inversión de carácter ordinario”.

Cecília Pérez e Xoan Carlos González

Para o BNG, o goberno de Javier Bas obstaculizou a extensión da rede de saneamento.