Dende o BNG consideramos que Fomento actúa en contra dos intereses d@s veciñ@s.
Acusamos a este organismo de paralizar obras de saneamento como o de Canabal, ou Os Valos.
Dende o BNG apoiamos as reivindicacións dos veciños e veciñas de Os Valos en Saxamonde. En palabras do concelleiro do BNG, Xoán Carlos González trátase dunha demanda xusta e lóxica. Os veciños e veciñas, si saben cal é unha das prioridades das parroquias, cousa que o goberno de Javier Bas aínda descoñece.
Para o concelleiro nacionalista, o ministerio segue actuando de costas aos intereses de veciños e veciñas. En Redondela, temos a desagradábel experiencia doutras actuacións paralizadas polas afeccións do Ministerio, que non atende a estas demandas, afirma.
Ademais da exixencias do barrio de Saxamonde, desvela como no último ano non deu a autorización pertinente para que o saneamento se estendera a varias casas na zoa do Canabal na parroquia de Cedeira. Existe un proxecto do concello, que pasaría por parte da estrada N-555, ao que Fomento non lle deu autorización.
Para o BNG, esta actitude non é nova, pois xa no seu momento mantivo paralizado o saneamento na parroquia de Negros durante ano e medio. Para o nacionalista, Fomento actúa con soberbia e de xeito implacábel, pois non só fai deixazón de funcións nas melloras da seguridade viaria, senón que ademais non permite a extensión dun equipamento básico en Redondela como o do saneamento.
Escaso compromiso do goberno de Javier Bas co saneamento.
Xoán Carlos González acusa ao alcalde Javier Bas de reducir drasticamente a inversión en saneamento. Coa presenza do BNG en anteriores gobernos municipais, a inversión nesta infraestrutura roldaba de media anual os 600.000, chegando a superar nalgún exercicio o millón de euros. Isto permitiu que o saneamento chegara, despois de vinte anos de atraso, a todas as parroquias.
Considera o nacionalista, que as prioridades do goberno municipal de Redondela son outras, afastadas de mellorar a calidade de vida de veciños e veciñas. Salienta que o investimento medio anual neste eido, está moi lonxe de chegar ás cifras anteriores. Trátase dun antes e un despois en materia de saneamento, na presenza do BNG no goberno municipal.
Remata o concelleiro nacionalista que o tempo que levamos de goberno de Javier Bas, é tempo perdido dende o punto de vista do saneamento.