O goberno municipal, pretende utilizar os Consellos Parroquiais en beneficio propio.
Na xuntanza de O Viso rexeitaron debater os principais problemas da parroquia, anunciando un acto do PP. Tratan con desprezo ao movemento asociativo e aos colectivos. Fracasou o seu intento de manipulación e chantaxe, a traveso deste órgano de representatividade.
A situación dos Consellos Parroquiais, en Redondela, agrávase cada día. O único que pretenden é tentar manipular a colectivos e asociacións, prantexando cuestións en beneficio do goberno de Javier Bas.
Exemplifican a intención de manipular os Consellos Parroquiais, no vergoñento episodio sucedido neste Consello.Despois de falar dos orzamentos participativos, pedíuselle á presidencia que informara doutros temas importantes, como a renovación da estrada provincial, ou dos campos de xogos da parroquia. A presidenta, María José Barciela, limitouse a remitilos a un acto do Partido Popular que se ía celebrar en vindeiros días.
Interpelada polo representante do BNG no Consello Parroquial, Anxo Lusquiños, protestou por este burdo intento de manipulación. Esixiu da presidenta que facilitara información sobre a renovación da estrada provincial, ou do campo de balompé.
Segundo declarou Anxo Lusquiños, este vergoñento episodio adquiriu tinxes de esperpento cando a propia María José Barciela, descalificou ao anterior presidente, o concelleiro de deportes, Jesús Crespo ao afirmar que nunca se tiña que ter comprometido coa renovación do campo de fútbol posto que xa está decidido que non se vai levar a cabo.
Manipuladora e mentireira así consideramos dende o BNG a actitude do goberno de Javier Bas para coa parroquia e os colectivos lexitimamente representados no Consello. Lembramos que durante anos, xogaron coa vontade do club deportivo, mesmo descalificando ao BNG. Agora queren facer o mesmo co arranxo da estrada provincial, tentando xogar coa vontade dos veciños e veciñas.