O GOBERNO MUNICIPAL DE REDONDELA PRETENDE ACABAR CO SERVIZO DE ALUGUEIRO DE BICICLETAS.

O GOBERNO MUNICIPAL DE REDONDELA PRETENDE ACABAR CO SERVIZO DE ALUGUEIRO DE BICICLETAS.

Hai varios días que o concelleiro de medioambente, Miguel A. Ballesteros, anunciaba que o servizo de alugueiro de bicicletas do que gozaba o noso concello iba a reconvertirse.

Sempre aludindo a criterios economicistas, e ao baixo uso dos veciños e veciñas, afirmaba que as bases iban a ser reubicadas, para que pudieran ser empregadas polos turistas que veñen a Redondela. Posibilidade, que por outra parte, xa se contemplaba.

Nesta análise con escasa amplitude de miras, dende o punto de vista medioambiental, o Partido Popular, amosa a súa faciana máis rancia. Ata a alguén lle podería parecer razonable, reducir os custos anuais do mantemento, e mesmo chegar ao “copago” do servizo. Mais neste caso en concreto, trasluce a “ verdadeira ideoloxía do PP”. Frente a iniciativas e políticas para reducir o uso do vehículo particular en desprazamentos curtos, difundir hábitos saudábeis de ir camiñando ou utilizar a bicicleta para moverse con certa frecuencia, co que se reducen emisións contaminantes, o Partido Popular, no goberno de Redondela, aposta por manter o uso do coche.  Un modelo no que o consumo dos recursos naturais sexan obxecto das políticas de desenvolvemento e recuperación económica.

Nese gasto “racional dos recursos públicos” poderiamos recoller os seis mil euros que se gastaron nunha demostración de habilidades en bicicleta, ou os catro mil para cambiar unhas palmeiras de sitio.

Pode parecer inocente a medida, pero non o é. Trata Miguel A. Ballesteros, de ir xustificando aos poucos un servizo, que de seren un éxito, minaría o seu xeito de entender a política medioambiental.

Seguimos aspirando os homes e mulleres do BNG por un modelo alternativo, no que a redución do uso de vehículos particulares, vaia abrindo o paso a cidades e pobos maís humanizados, e á conservación medioambiental. O éxito das nosas políticas é o fracaso da súa irracionalidade. O PP sábeo, e combáteo a cotío con todas as súas armas.

O GOBERNO MUNICIPAL DE REDONDELA PRETENDE ACABAR CO SERVIZO DE ALUGUEIRO DE BICICLETAS.