A TALA DE ÁRBORES NA RIBEIRA, UNHA MOSTRA DO QUE É CAPAZ O GOBERNO DO PP.
O anuncio, hai varios meses de que se iba a proceder á tala das árbores no aparcadoiro de Ribeira, en Redondela, xa fora duramente criticado polo BNG. Tratábase dunha medida que non iba a suponer ningún tipo de beneficio para o conxunto de veciños e veciñas.
Segundo manifestara o responsábel de tráfico Arturo González, había que cortar os plátanos, porque as raíces estaban a levantar o asfalto. Declaracións que para a nosa organización non xustifican a medida, posto que se trata dun aparcadoiro, por onde hai que circular a baixa velocidade.
Poida que a tala destas árbores, non supoñan ningún tipo de agresión medioambiental significativa. Pero tampouco existen motivos obxectivos para que se levara a cabo, cun novo gasto para o concello, polo tanto gravando tamén as arcas municipais, que seica o PP vai sanear.
Esta decisión, vai na liña doutras que se foron sucedendo e encadeando no tempo. Unha poda moi agresiva das árbores no casco de Redondela, que tiveron máis un efecto de aparentar que se fai, que realmente necesaria. Por outra, o obxectivo de facer de pago o mesmo aparcadoiro no que se realizou a tala. Cuestión esta última que non viña recollida no Programa Eleitoral, que hai un ano aupou a Javier Bas na alcaldía.
Estamos diante dunha acción de goberno na que se está a primar o uso do vehículo particular, ao igual que eliminación do alugueiro de bicicletas, en contra dunhas cidades máis humanizadas.
Estas medidas irracionais, que somentes obedecen a intereses particulares do goberno municipal, e son una mostra da súa incapacidade, van ser combatidas polo BNG. Amosaremos a nosa frontal oposición a aquelas decisións que vaian en contra dos intereses da maioría dos veciños e veciñas de Redondela.