Guillerme Vázquez no Mitin en Redondela
Os galegos e galegas deben votar pola nosa dignidade como pobo o 21-O
Afirmou que o BNG non formaría parte dun goberno galego a calquera prezo.
A intervención do voceiro nacional do BNG no Multiusos de A Xunqueira, centrouse en recordar o que supuxo a acción de desgoberno de Núñez Feijoó ao frente da Xunta. Cualificouno como verdadeira apisoadora de dereitos sociais. Frente a eles, érguese a dignidade dun pobo que quere vivir en liberdade. Afirmou que o nacionalismo expresado no BNG é unha forza incómoda para o PP, non porque poida ser un posíbel rival eleitoral, senón porque avoga por un novo modelo económico e social, no que as clases populares, os asalariados, o pequeno comercio, as nosas empresas, poidan desenvolver tódalas súas potencialidades.
Queremos materializar en votos, os movementos cívicos que se teñen expresado na rúa nos últimos meses. Aqueles e aquelas que se mobilizaron indignados, os que pararon en diferentes folgas xerais, os que se manifestaron a prol dos sectores produtivos e do sector público. Apelou á responsabilidade de exercitar o noso dereito ao voto, porque o goberno que tomou as decisións antisociais que están minando a nosa base produtiva, púxose co poder do voto; pero agora cómpre apostar por un novo marco de relacións, e unha xustiza social que o PP estase encargando de defenestrar.
Non a calquera prezo.
Sentenciou Guillerme Vázquez, que no caso de tomar a decisión de formar parte dun hipotético goberno galego, actuaremos con responsabilidade, pero non a calquera prezo, posto que outros que non son o PP, tamén tomaron decisións antisociais. Referiuse á necesidade de actuar de xeito responsábel, máis poñendo primeiro os intereses colectivos como pobo, e o que mellor sexa para o País.
Finalizou a súa intervención no Mitin de Redondela, apelando ao traballo colectivo a prol do voto nacionalista de esquerda, acreditando nun cambio de goberno que permita facer frente ás políticas antigalegas e antisociais do PP en Madrid.