A hipocrisía do PP ao non considerar unha prioridade o patio cuberto do colexio Santa Mariña.
O Grupo Municipal do BNG de Redondela considera que é unha hipocrisía política por parte do PP non considerar como prioritario para as infraestruturas educativas deste concello a instalación dun patio cuberto no colexio público de Santa Mariña, una vella demanda de todo o colectivo deste centro. Na súa visita de onte o xefe provincial de Educación, César Pérez, dixo que debido á actual situación económica de crise, a Xunta está a destinar os seus recursos a cuestións estritamente necesarias , e que a dotación do patio cuberto no colexio redondelán non o é".
O BNG de Redondela denuncia que o goberno do PP si ten cartos para o ensino concertado, 240 millóns de euros, ou para dar 3 millóns a centros privados que segregan por sexos, a maioría do Opus, mesmo incumprindo unha sentencia do Tribunal Superior de Galiza que declara ilegais estas subvencións.
Para o BNG o investimento de 120.000 euros para o patio cuberto do colexio publico de Santa Mariña, que protexa da chuvia ós rapaces, si que é unha inversión imprescindible porque estamos en Galiza, non en Andalucía, que é onde parece estar o señor César Pérez.