Imponse a tese do BNG sobre as negociacións de investidura

FB_IMG_1686556265180
Xoán Carlos González xunto ás compañeiras da candidatura do BNG.
Traballar sobre Proxectos, sen vetos a persoas
Imponse a tese do BNG sobre as negociacións de investidura
A necesidade dun acordo de investidura dos denominados “grupos de esquerda”, está a marcar a axenda política en Redondela. O BNG iniciou os contactos co Partido Socialista, a través da Comisión Negociadora nas que se plantexaron medidas tanto de funcionamento como iniciativas a desenvolver no futuro.
Tal como xa plantexou o candidato á alcaldía do Bloque Nacionalista Galego, Xoán Carlos González na campaña electoral “non imos vetar a ningunha persoa, imos negociar en base a proxectos e propostas”. Tentar chegar a acordos en base a personalismos, non cabe en ningunha negociación seria.
O acordo entre AER e PSOE entra dentro da lóxica da dinámica dos últimos anos nos que os acordos entre ambas formacións para orzamentos, inversións ou mocións, foron constantes 
Para que Redondela saia beneficiada, débense facer todos os esforzos por todas as partes para impulsar novas dinámicas. Criterios de interese social, novas iniciativas participativas,….
Pola súa banda a Asemblea Local do BNG de Redondela, realizou unha análise dos resultados electorais, onde se destacou a intensidade da Campaña Electoral con ata vinte actos, debates, unha candidatura sólida e un Programa de Goberno fiable. Púxose o énfase no impulso dos 2.500 votos que supón para a construcción do Proxecto Nacionalista en Redondela. 
Atopámonos ante unha semana que vai ser decisiva para que a alcaldía do concello de Redondela se constrúa en base aos apoios de organizacións de esquerda. Os máis de 8.000 votos que tres organizacións sumaron nas eleccións municiapis, deben ser suficientes como para que o acordo se consolide.
Imponse a tese do BNG sobre as negociacións de investidura