O BNG volve a demandarlle á Xunta a Escola Infantil de Chapela

IMG_20230323_200337

A deputada Alexandra Fernández, exixe compromisos para a inmediata construcción “dunha infraestrutura educativa de primeiro nivel”.

 

O BNG volve a demandarlle á Xunta a Escola Infantil de Chapela
Por iniciativa da deputada nacionalista vólvese tratar no Parlamento galego unha iniciativa para que Chapela dispoña dunha Escola Infantil de 0 a 3 anos, nos prazos máis breves posíbeis. “Trátase dunha infraestrutura que non debe ter máis excusas para a súa construcción e posta en marcha”, sinalou.
Na sua iniciativa, sinala Fernández a imperiosa necesidade de cubrir unha demanda nunha parroquia e área de influencia de dez mil habitantes. “En Chapela vive un importante número de familias con cativos e cativas, que queren que se lles preste un servizo que facilitaría a conciliación”, sinala.
Na súa proposta plantexa, a deputada do BNG, que esta escola debe dotarse de alomenos 60 prazas nesta franxa de idade. Considera que unha partida de 400.000€ debería ser suficiente para desenvolver a primeira fase da construcción. “A de Chapela aspira a converterse en referente do seu entorno”, sinala. Plantexa que se constrúa na “Finca Ginaria”, na zoa de Cidadelle espazo cualificado de equipamento.
Pola súa banda o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González criticou que o PP presente a construcción da Escola Infantil de Chapela, soamente en período electoral, cando rexeita iniciativas xa plantexadas polo BNG para a súa construcción.
Exixe a inmediata solución a este problema, pois “ademais de prestar un servizo de primeira calidade aos nosos cativos e cativas de 0 a 3 anos, permitirá a moitas familias conciliar a vida familiar e laboral, ademais de asentar poboación no concello de Redondela”, destaca. 
O BNG volve a demandarlle á Xunta a Escola Infantil de Chapela