Iria Custodio reelecta responsábel comarcal de Galiza Nova
Militante de Galiza Nova de Redondela, personifica o compromiso da xente moza co proxecto nacionalista.
15 xan. 2024 - 09:29
Nestas últimas semanas, a organización xuvenil Galiza Nova, afrontou a renovación dos seus órganos de dirección, tanto nacionais como comarcais. Na comarca de Vigo, a compañeira, Iria Custodio, foi reelecta responsábel comarcal para este novo período, despois de dous anos ocupando este cargo.
Graduada en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios e opositora a profesora de galego, amosa un gran compromiso pola defensa da lingua e a cultura propia, así como polos dereitos da mocidade a un ensino público de calidade e a alternativas de ocio.
Veciña de Cabanas, en Trasmañó, atesoura unha importante traxectoria asociativa, participando en nome do BNG de Redondela no Consello Parroquial de Trasmañó, formando parte da candidatura ás eleccións municipais de 2023 e colaborando na defensa da beiramar de Cabanas pola reubicación de AUCOSA.
O compromiso co proxecto nacionalista, o traballo a prol da mocidade galega e a súa presenza constante no movemento social na defensa dos valores democráticos foron valorados nos procesos de elección.
A comarca de Vigo, ademáis da cidade olívica, engloba os concellos de Redondela, Pazos, Fornelos, Mos, Nigrán, Gondomar e Baiona. Un espazo urbano e periurbano no que conviven miles e miles de mozos e mozas menores de 30 anos.
Formación de calidade, asociacionismo, cultura, emprego digno, acceso á vivenda para a xente moza, dereitos das mulleres e persoas LGTBI, ecoloxismo, antimilitarismo... constitúen algúns dos eixos nos que pivota o traballo de Galiza Nova. Á fronte destes mozos e mozas, Iria Custodio, cunha inmensa responsabilidade.
Todo o recoñecemento e apoio da Asemblea Local do Bloque Nacionalista Galego.