PSOE, PP, AER vetan ás traballadoras sociais que non dispoñen de carné de conducir.
O BNG non apoio unhas bases de contratación que “deixan fóra ás persoas tituladas que non dispoñen de permiso de conducir”
18 dec. 2023 - 09:49
A convocatoria pública para substitución por baixa dunha traballadora social do concello de Redondela, supuxo un novo enfrentamento entre o Bloque Nacionalista Galego e o resto de grupos políticos. O motivo principal, “que entre os requisitos para acceder a este posto de traballo o candidato ou candidata saiba conducir”.
O voceiro nacionalista, Xoán Carlos González Campo expuxo o que dende a súa organización consideraban “un motivo de discrimación inxustificada ao excluír a aqueles titulados e tituladas que non dispoñan do carné de conducir”.
Considera que polas peculiaridades do posto de traballo, “no caso de que a traballadora ou traballador social non dispoña de permiso de conducir, o concello terá que facilitarlle outros medios de transporte como un taxi para poder desprazarse aos domicilios dos usuarios e usuarias”.
Finalmente tanto PSOE como AER votaron a favor deste “veto” contando co apoio da abstención do PP. “O BNG votou en contra destas bases que exclúen a titulados e tituladas que non dispoñen de carné de conducir nunha medida totalmente discriminatoria dunha administración pública”, defendeu o voceiro Xoán Carlos González Campo