O BNG de Redondela pide que se aparte ao avogado do concello no recurso do PP polo persoal de confianza.

FB_IMG_1666592533354
Xoán Carlos González Campo: “A súa dilatada amizade con Javier Bas imposibilita que poida exercer a defensa do persoal de libre designación”.
O BNG de Redondela pide que se aparte ao avogado do concello no recurso do PP polo persoal de confianza.
No marco da negociación da investidura de Digna Rivas acordouse entre o BNG e Partido Socialista a creación de tres postos de libre designación. Unha coordinadora de concelleiros e concelleiras, unha de persoal de prensa que actuaban para o equipo de goberno, e outra persoa como persoal de atención á veciñanza polo BNG. Estas dúas últimas figuras contratadas a tempo parcial.
O Partido Popular ademáis de alegar o acordo plenario correspondente, decidíu levar a cuestión ante os tribunais presentando un contencioso administrativo. Neste caso Javier Bas asinou o escrito que se presentou ante o concello. “Pretende xudicializar a vida política do concello de Redondela, obstaculizando acordos entre as forzas políticas”, valora o voceiro nacionalista Xoán Carlos González Campo. Chámalle a atención ao edil do BNG que precisamente asine a demanda “unha persoa á que lle atoparon un posto como asesor na deputación cobrando 60.000€ ao ano”.
Hai poucas semanas Digna Rivas presentou unha denuncia contra Javier Bas. “Nunha resolución da alcaldía aceptaba que o avogado municipal se abstivera de participar na súa defensa pola súa manifesta dilatada amizade con Javier Bas”, aclara o edil nacionalista. “Esta resolución non se realizou no caso do contencioso do PP contra o persoal de libre designación, polo que existe unha clara discriminación”, denuncia Xoán Carlos González Campo.
Na súa nota demanda o voceiro nacionalista que dende a alcaldía se dea o mesmo trato a ambos procedementos. “Descoñecemos se o avogado presentou o mesmo escrito no que solicitaba que o abstiveran de participar na defensa do concello”, sinala. “Estamos estudiando a posibilidade de realizar unha consulta ante o Colexio de Avogados e Avogadas de Vigo”.
“Solicitamos á alcaldesa que aparte ao avogado municipal no contencioso presentado polo PP, pola súa manifesta dilatada amizade con Javier Bas, neste caso o denunciante. Sabedores desta relación, entendemos que non garante unha boa defensa dos acordos BNG-PSOE”, remata na súa nota o voceiro municipal do BNG, Xoán Carlos González Campo.
O BNG de Redondela pide que se aparte ao avogado do concello no recurso do PP polo persoal de confianza.