Jéssica García, “O transporte no bacharelato só se acadará cun novo goberno galego abandeirado polo BNG”.
A problemática que afecta a varias ducias de alumnos e alumnas de Redondela, volveu a debaterse no Pleno.
02 out. 2023 - 16:52
A moción plantexaba que o goberno galego desenvolvese as medidas pertinentes para que o alumnado de bacharelato dos IES Mendinho e Pedro Floriani, puideran acceder nas mesmas condicións que o resto do alumnado ao ensino público.
“Perto de trinta alumnos e alumnas desta etapa formativa sufren o desleixo da consellaría que novamente dalles as costas. As familias, volven atoparse cun balado que é a Xunta de Galiza”. Nestos termos expresábase a concelleira do BNG, Jéssica García tras o pleno ordinario de setembro.
Durante o debate plenario, a concelleira nacionalista afirmou que “en plena campaña electoral, a alcaldesa Digna Rivas, comprometérase coas ANPAs, a solucionar o problema. Promesa incumprida”, afirmou. Expuxo a posibilidade de buscar unha solución temporal “cun acordo do concello cos taxis de Redondela, para que realizaran o servizo, algo similar ao que se plantexaba cando a problemática do bacharelato de artes”.
Nas súas declaracións posteriores, Jéssica García afirmou que dende a organización nacionalista comproban como ano tras ano, por todo o país sucede o mesmo co alumnado de bacharelato. Afirmou que “o transporte para este colectivo só se acadará cun novo goberno galego abandeirado polo BNG, con Ana Pontón como presidenta”.