Jéssica García presenta ao BNG como a forza que liderará o goberno galego
“Estamos preparados e preparadas para dar un novo pulo ao noso País”, manifestou
29 xan. 2024 - 19:10
A concelleira redondelá, integrante da candidatura nacionalista por Pontevedra dirixíuse á veciñanza que encheu a rebosar o auditorio do multiúsos da Xunqueira. Repasou na súa intervención a estratexia definida dende o BNG para que a xente moza poida desenvolver o seu proxecto de vida en Galiza.
Na súa intervención puxo como retos inmediatos poñer deseñar unha boa política educativa, cultural e do benestar para o conxunto dos galegos e galegas. Referíuse á necesiadade de desenvolver “toda a nosa capacidade productiva ao servizo dos intereses colectivos, co debido respeto medioambiental”.
Para Jésica García cómpre mobilizar todos os apoios a prol do BNG, para poder construír un goberno alternativo que deixa atrás as vellas poíticas do Partido Popular e de Rueda. “Xogámonos moito nestes comicios, co que a mobilización do voto alternativo debe concentrarse na candidatura do Bloque Nacionalista Galego”, asegurou.
Finalmente destacou que na candidatura da que forma parte, “estamos preparados e preparadas para gobernar Galiza e darlle un novo pulo ao País”.