Xoán Carlos González critica a desinformación do concello coas pantallas de ADIF.

IMG-20240119-WA0009

“Mentras en Chapela o concello realizou asembleas abertas, no caso das de ADIF renunciaron a calquera tipo de difusión”.

 

Xoán Carlos González critica a desinformación do concello coas pantallas de ADIF.
Nun encontro mantido con veciños e veciñas afectadas pola instalación de pantallas acúsiticas na liña do Eixo Atlántico, o grupo municipal nacionalista puido coñecer de primeira man o impacto sobre vivendas e propiedades.
Nalgunhas zoas as pantallas superan os sete metros sobre a rasante, o que impacta na falta de luz solar “dunhas cinco horas”. Outro dos efectos negativos refírese a que “cando hai ventoleira, rebota nas pantallas facendo un remuíño nas fincas e vivenda próximas”.
O voceiro nacionalista Xoán Carlos González, informoulles que a instancias do deputado no Congreso e no Senado, presentaran xa varias iniciativas para que o ministerio e ADIF, buscaran unha solución ao problema.
Neste sentido o edil nacionalista considerou un agravio que “mentras en Chapela houbo varias asembleas informativas para modificar o proxecto de pantallas acústicas da Autoestrada, no caso que nos ocupa non se lles facilitou información algunha aos veciños e veciñas”. Tamén destacou que no primeiro caso o concello presentou alegacións, “mentras que en Torres Agrelo non puxeron en marcha este mecanismo que podería ter cambiado o negativo impacto das pantallas”.
Xoán Carlos González critica a desinformación do concello coas pantallas de ADIF.