Luís Bará volve a Redondela para destacar o compromiso do novo goberno galego coa bisbarra

IMG_6545
Luís Bará na súa intervención.

Vaticina que o apoio á candidatura do BNG vai ser masivo para poñer o País en marcha

 

Luís Bará volve a Redondela para destacar o compromiso do novo goberno galego coa bisbarra
O cabeza de lista por Pontevedra, Luís Bará, pediu toda a forza da veciñanza de Redondela para un cambio no País que permita cumprir todas reivindicacións da vila e que levan anos metidas no caixón pola Xunta. Falou de infraestruturas, de educación e sanidade, entre outras cuestións, mais fixo fincapé na necesidade de aproveitar todos os potenciais da ría de Vigo: na súa parte produtiva coa pesca e o marisqueo, na súa parte ambiental por ser Rede Natura, e na súa parte patrimonial, histórico e cultural “como un elemento de dinamización económica e turística”.
O nacionalista subliñou que o Bloque apostará por mellorar a súa situación produtiva, polo saneamento integral a recuperación e rexeneración dos bancos marisqueiros que agora mesmo viven unha importante crise. Tamén salientou todo o potencial que ten a enseada de San Simón como área de protección ambiental e subliñou o valor patrimonial da contorna de Rande.
Luís Bará volve a Redondela para destacar o compromiso do novo goberno galego coa bisbarra