Xoán Carlos González pide aglutinar os apoios de Redondela arredor do BNG.
“Queremos converter a Ana Pontón na primeira muller presidenta do goberno de Galiza”.
29 xan. 2024 - 10:08
O voceiro municipal alentou a todos aqueles e aquelas que teñen arelas de cambio en apoiar masivamente a candidatura do Bloque Nacionalista Galego. “Estamos a piques de acadar un fito histórico, temos unha oportunidade diante de nós que non podemos deixar escapar”, sinalou na súa intervención.
Arredor de tres centas persoas participaron no acto de precampaña, no que participaron Jésica García como membro da candidatura, Luís Bará cabeza pola provincia de Pontevedra, e Ana Pontón, candidata á presidencia.
Alentou Xoán Carlos González a aglutinar os apoios de todos aqueles e aquelas que queren construír “unha Galiza mellor”, para que que o BNG abandeire o goberno galego con Ana Póntón como presidenta. “Temos ideas, proxectos e alternativa, e dispoñemos das persoas máis capacitadas”, rematou na súa intervención