O BNG considera desproporcionadas as pantallas acústicas na liña da alta velocidade.

IMG-20240119-WA0008
Visita das concelleiras do BNG con veciños afectados.

Xoán Carlos González, “demandaremos un cambio para permitir que o impacto visual se reduza”.

 

O BNG considera desproporcionadas as pantallas acústicas na liña da alta velocidade.
A inminente finalización da instalación de pantallas acústicas na liña do tren de alta velocidade do Eixo Atlántico ao seu paso por Redondela, “trae un novo impacto negativo para o noso concello”, sinalan dende a organización nacionalista. En concreto refírense ás obras que se están acomentendo entre a zona de Torres Agrelo e A Pantalla, xa en Cesantes, na liña do tren de alta velocidade. O material empregado totalmente opaco, tronza visualmente o territorio creando un enorme balado que afecta a vivendas e propiedades lindantes
Segundo sinalan dende o BNG “estas pantallas chegan ata os nove metros de altura, levantando un grande obstáculo cun enorme impacto visual para a contorna”. Consideran desproporcionada unha obra que nalgúns treitos convírtese en obstáculos insalvábeis sumado ao trazado da liña férrea.
Ante a preocupación amosada por varios veciños da zona, nos pasados días, membros da organización nacionalista desprazáronse ata o barrio, a coñecer in situ a problemática. Puideron comprobar o importante impacto visual ao tratarse dunha nova “fenda” na parroquia.
Pola súa banda o voceiro nacionalista Xoán Carlos González, iniciou xa os contactos cos representantes do BNG no Congreso dos deputados para presionar ao goberno do estado “ e se lle dea solución a esta nova problemática que conleva o Eixo Atlántico”. Sinala que “nalgúns puntos levántanse uns balados de ata nove metros de altura, mesmo onde o trazado vai uns dez metros por debaixo da cota das vivendas, polo que non o consideramos necesarias”. 
De igual xeito critica o tipo de materiais que se están a empregar, “que co obxectivo de abaratar custes evitan o uso daqueles que permitan unha mellor visión nesta zona”. Nas súas propostas plantexan que se reduza o tamaño destas pantallas, xunto á utilización doutros como o metacrilato “co obxectivo de mitigar as afeccións”, insiste. Exemplifica o cambio de criterio na utilización de materiais, o sucedido coas pantallas da autoestrada en Chapela, que “grazas á presión veciñal van ser moito máis integradas na paisaxe”.
Recorda finalmente que un dos acordos acadados polo BNG na investidura de Sánchez, refírese á creación do tren de cercanías, “no que Redondela vai asumir un papel moi relevante”.
O BNG considera desproporcionadas as pantallas acústicas na liña da alta velocidade.