Malestar no BNG, pola retirada das Esculturas do Alto da Cuncheira
Dende o Bloque Nacionalista Galego, queremos expresar o malestar provocado pola retirada do monumento, a menos de vintecatro horas de seren inaugurado, no Alto da Cuncheira.
A obra en memoria dos asasinados e asasinadas polas forzas fascistas en plena Represión do 36, supón a restitución, só en parte, da nosa memoria colectiva. Recibimos con grande satisfacción no BNG, este recoñecemento. Mais a retirada do monumento, a menos de vintecatro horas da súa inauguración, constitúe un lamentable e vergoñento feito, ao que non lle atopamos explicación. Lamentamos que ante a recuperación da Memoria dun episodio tan negro da nosa historia, se vexa empañado por estes lamentábeis feitos
O vivido coas esculturas do Alto da Cuncheira, somentes lle serve como carnaza á dereita revanchista, que ve nestes actos de restitución da Memoria Histórica unha oportunidade para mofarse do que alí sucedeu.
Calquera acto organizado por institucións no recoñecemento colectivo aos represaliados e represaliadas no 36, debe vir abalado polo máximo rigor e “exquisitez” no debido trato respectuoso ás vítimas. Agardamos que á maior brevidade posíbel, se restitúan estas esculturas que veñen salda só en parte, unha débeda pendente que Redondela tiña con moitos defensores e defensoras da legalidade democrática republicana.