Moción do BNG de Redondela para o arranxo do tellado do colexio público de Quintela.

Moción do BNG de Redondela para o arranxo do tellado do colexio público de Quintela.

No pasado mes de febreiro de 2011, arredor de 20 metros cadrados de tellado do colexio público de Quintela foron arrincados a causa dun temporal de chuvia e vento. A situación  que se viviu pode considerarse moi grave, xa que a estrutura citada destrozouse en pleno horario escolar.

Inicialmente a Delegación Territorial da Consellaría de Ensino, procedeu a un arranxo puntual da parte afectada, co compromiso do delegado, César Pérez Ares, de que para o curso seguinte procederíase a unha renovación completa do tellado do colexio.

A comunidade educativa do centro, a traverso da dirección do mesmo, estivo dende aquela demandando á Delegación de Ensino, que se procedera ao arranxo definitivo de toda a estrutura do tellado. Por medio de diferentes iniciativas, contactos coa Delegación, debates no Consello Escolar Municipal, mantívose esta demanda, que xa hoxe en día, é unha exixencia.

O Bloque Nacionalista Galego, presentou unha emenda aos Orzamentos da Xunta de Galiza, para o ano 2012, de 300.000 euros co fin de que esta obra se levara a cabo no presente ano.  Sen ningunha xustificación, dita emenda foi rexeitada pola maioría do Partido Popular.

Estas semanas, e xa iniciado o curso escolar, a comunidade educativa volveu manifestar o estado de abandono desta obra. Xa non se fía o conxunto de profesionais e familias dos alumnos e alumnas, da palabra do Delegado Territorial, César Pérez Ares.

Van xa 20 meses dende que estes feitos se teñen producido. Exemplifícase, no caso do CEIP de Quintela, o desinterese da Xunta de Galiza polo ensino público, tamén en Redondela. Continuas reducións en partidas orzamentarias para o ensino público, e aumento para o ensino privado.

Por todo isto dende o Grupo Municipal do BNG é polo que se solicita ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo:

ACORDO

-        Que o concello de Redondela esixa do novo goberno da Xunta de Galiza  que nos vindeiros Orzamentos do ano 2013, se recolla unha partida específica para o cambio de cuberta do CEIP Quintela-Redondela.

Moción do BNG de Redondela para o arranxo do tellado do colexio público de Quintela.