Novo derroche do goberno de Javier Bas: 20.000€ en cortinas para o pavillón A Marisma.
Novamente, con cargo ao Plan Concellos da Deputación, do que Redondela disporá de 1.172.000€, o goberno municipal de Redondela fará fronte a unha “urxente adquisición”. Trátase neste caso dunha partida de 19.360€, para dúas cortizas para esta infraestrutura deportiva. O procedemento de subministración deste material, asinouno Javier Bas o 16 de marzo.
Para o BNG, demóstrase novamente que esta colaboración da Deputación, sérvelle ao goberno de Javier Bas para adquisición de bens irrelevantes. Existen outras prioridades nas que se deberían investir estas axudas: dende melloras na accesibilidade en edificios públicos, saneamento, abastecemento de auga, seguridade viaria, recuperar a antiga Casa do Mar, …
Non hai Proxecto, non hai ideas, a xestión municipal sobrevive polo bo facer dos traballadores e traballadoras, os ingresos do catastrazo e das plusvalías. No canto de dar resposta ás verdadeiras necesidades sociais, tíranse os cartos que non son deles/as, son de tod@s.