Novo mandato municipal, cun BNG determinante en Redondela
David Couñago, Jéssica García e Xoán Carlos González conforman o novo grupo municipal co reto de priorizar acordos beneficiosos para a veciñanza.
19 xuño 2023 - 09:25
Ao mediodía do sábado 17 de xuño, quedaba constituída a nova corporación municipal de Redondela. Os dous concelleiros e a concelleira nacionalistas tomaron posesión baixo a fórmula de “por imperativo legal… servizo á veciñanza, e ao pobo galego”. Os tres votos do grupo municipal, foron indispensables para que Digna Rivas volvera a ser alcaldesa.
Despois de varias semanas de negociación para asegurar a investidura, chegouse a un acordo beneficioso para ambas partes. “Asumimos o papel e responsabilidade que nos toca para aportar na construcción da nova Redondela”, sinalou o cabeza de candidatura, Xoán Carlos González Campo.
O Bloque Nacionalista Galego sae reforzado deste proceso electoral ao duplicar a porcentaxe de voto, pasando do 8% ao 16%. Nalgunhas zonas de Chapela e Cedeira, mesmo chegaron ao 20% de apoio expresado no voto, mentras que nalgunhas outras zonas, mesmo chegou a triplicar os resultados do ano 2019.
Pola súa parte o Partido Popular volveu manifestar na sesión de investidura unha actitude prepopente e chulesca con contínuas interrupcións. “Pretenderon pasar por riba das regras do xogo, por eles tantas veces defendida”, afirmou o candidato nacionalista.
Por outra parte, Xoán Carlos González Campo referíuse á “boa disposición da súa organización a seguir mantendo contactos co Partido Socialista ata que se nos permita, pois existen numerosas cuestións das que estamos moi afastados”, sinalou.