O obstrucionismo do goberno de Javier Bas contra o BNG de Redondela.

O Partido Popular de Redondela.
O obstrucionismo do goberno de Javier Bas contra o BNG de Redondela.

Cuestionamos que sexa a secretaria do alcalde, quen dea instrucións directas aos traballadores/as do concello.

Nas últimas semanas tense intensificado a presión que o goberno de Javier Bas pretende exercer sobre o Grupo Municipal do BNG. Segundo o concelleiro do BNG Xoán Carlos González, as “malas prácticas caracterizan a este goberno municipal. Saben que coa nosa organización nin se xoga, nin se lle chantaxea. Pódese chegar a acordos, mais nunca a imposicións”.

O exemplo desta mala fe do goberno municipal é que “dende hai máis de seis meses, non respostan a ningún dos nosos requirimentos de información sobre a actividade municipal”  das viaxes do alcalde a Madrid; da xestión do comedor en Quintela; da partida para Monte Penide; dos informes sobre a caldeira en Porto Cabeiro; ...

O concelleiro nacionalista tamén considera unha estratexia perfectamente deseñada polo goberno Bas, para ningunear as iniciativas do BNG. “A aprobación das bases para a contratación do Servizo de Axuda no Fogar,  certifican esta dinámica. Coñecedores de que ían contar co apoio doutras forzas da oposición, evitan que as propostas nacionalistas saian adiante para beneficio dos veciños e veciñas de Redondela”.

 

Papel da secretaria do alcalde

A intensificación deste “obstrucionismo” do goberno municipal, personalízase na figura da secretaria do alcalde. “Adícase a dar ordes e instrucións a traballadores e traballadoras do concello, carecendo de competencias para elo”.

Recorda o concelleiro nacionalista, que no debate plenario de inicios de mandato, o BNG fiouse da palabra do alcalde en canto ao papel desta persoa. “Baixo ningún concepto iamos permitirlle que exercera un papel político dentro do organigrama do concello, e moito menos que interferira na actividade dos empregados públicos”. Nestes momentos do mandato este compromiso de Javier Bas considerámolo finiquitado.

A situación tense agravado nas últimas semanas pois na actividade ordinaria de control da xestión municipal, Xoán Carlos González afirma que, se lle deron novas normas aos empregad@s municipais en referencia á consulta dos expedientes por parte do Grup Municipal nacionalista,  “restrinxindo o funcionamento democrático da actividade municipal”.

Sinala finalmente na súa nota o concelleiro nacionalista que ante “esta involución democrática á que o goberno de Javier Bas quere levar ao Concello, vai ter en fronte ao BNG e á maioría dos veciños e veciñas de Redondela”.

O Partido Popular de Redondela.

O obstrucionismo do goberno de Javier Bas contra o BNG de Redondela.