Qué ocorre co novo Pavillón de A Marisma?

Qué ocorre co novo Pavillón de A Marisma?

Unha das resolucións aprobadas pola alcaldía do mes de agosto que máis interese espertou para o grupo municipal do BNG, referíase ao pago de 14.000 €, con cargo ao Proxecto Marisma Máis. Dito pago correspondía á elaboración do Proxecto Básico para a construción do Pavillón para A Marisma.

Neste espazo, na marxe dereita do río Pexegueiro, existen 3 parcelas que dependen de diferentes administracións: 2.400 m2 da Ayudantía de Marinal, 3.000 m2 da Garda Civil e outros 3.600 m2 como resto de concesión.

O grupo municipal do BNG, solicitou información para coñecer os pormenores de dito Proxecto, no que se recolle a ocupación dunha parcela de 3.600 m2.

Neste anteproxecto ubicado na marxe dereita do río Pexegueiro recóllese a construción dun pavillón multifuncional, no que se poidan realizar diversas actividades deportivas: balonmán, baloncesto, tenis,… Estas instalacións poden albergar arredor de 500 espectadores/as.

Ademais destas instalacións principais, establece a construción dun ximnasio, varios almacéns, oficinas, catro vestiarios, ademais doutras dependencias anexas. A entrada principal establécese dende a avda. Mendiño namentres que a fachada posterior sería a que daría ao Pexegueiro.

Nestes últimos días o grupo municipal do BNG dirixiuse ao goberno municipal para coñecer os motivos polos cales, fronte á petición inicial de ocupación de 6.600 m2, decantouse finalmente polos 3.600 m2 antes sinalados. Tamén vai preguntar polo financiamento desta infraestrutura deportiva, os prazos de execución e cales van ser as administracións que van a realizar a inversión.

CAM00490

 

CAM00489

Proxecto básico para a construcción do Pavillón de A Marisma

Qué ocorre co novo Pavillón de A Marisma?