PAREMOS A AMPLIACIÓN DA AP-9!

O BNG de Redondela na manifestación contra a ampliación da AP-9 en Chapela.
PAREMOS A AMPLIACIÓN DA AP-9!

Dende o BNG emprazamos ao conxunto da cidadanía redondelá a seguir mobilizándose.

Mobilizarse na rúa, como o único camiño a seguir para parar a ampliación. Este era o sentir maioritario dos centos de veciños e veciñas, que o sábado 9 se manifestaron en contra da ampliación. Compartido este obxectivo dende o BNG pretendemos precisar unha xeira de consideracións.

A organización nacionalista evitou facer declaracións, ou manifestos previos á mobilización, pois isto podería repercutir negativamente no éxito acadado.

Responsabiliza o BNG,  ao Partido Popular, e directamente ao alcalde Javier Bas, de que a manifestación se celebrara tres meses despois do anuncio de Ana Pastor. A resposta contundente na rúa, implica unha rápida mobilización. O PP quixo marcar os tempos, sabendo que corre ao seu favor.

Os anuncios propagandísticos de inicios do mandato, nos que unha comisión do Partido Popular no congreso e no senado, Ían a “traballar por Redondela”, tradúcense no apoio á Ampliación.

Doutra banda sorprende a actitude doutras forzas de carácter estatal, como o caso de IU. Descoñécense iniciativas como na comisión de infraestruturas do Congreso onde o ministerio de Fomento debate o informa as decisións,. Unha vez máis demostrase que para esta forza, Galiza non conta.As únicas iniciativas, foron sempre da man do BNG, única voz no Congreso que defende os intereses de Redondela.

Tamén hai que chamar a atención de IU, quen funciona segundo a tendencia maioritaria, pois en A Coruña, apoian a ampliación da AP-9 á súa entrada na cidade.

Finalmente dende o BNG, seguimos apostando pola mobilización social a todos os niveis, xunto á acción institucional, para presionar a Fomento, e á ministra Ana Pastor, para que abandone unha obra faraónica e inútil.

 

Manifestación contra a ampliación en Chapela.

 

O BNG de Redondela na manifestación contra a ampliación da AP-9 en Chapela.

PAREMOS A AMPLIACIÓN DA AP-9!