E PEDIRÍALLE TAMÉN A SUPRESIÓN DA PEAXE EN RANDE?
Este alcalde que nos goberna se por algo xa se tén caracterizado, mesmo cando todavía era candidato, é polas súas boas relacións con peixes gordos de diferentes administracións. Ata o de agora todo é fume. Ademáis, repite de xeito recurrente que nos últimos trinta anos, en Redondela o goberno municipal non fixera ren. El tampouco se preocupara de facer grande cousa, todo hai que dicilo.
Estos días abraiounos, unha vez máis coa visita de deputad@s e senador@s do seu partido. Tratábase de transmitirlles, de primeira man, as necesidades perentorias de Redondela.
Suponse que dentro deste paquete de medidas deben ir medidas encamiñadas a reducir o enorme número de tráfico rodado que cruza o concello a diario. A cifra de 20.000 vehículos/día, víuse incrementada nos últimos meses por mor da suba do prezo do carburante e da peaxe. Neste aspecto concreto non haberá moito que riscar, posto que o PP local, non tén ningún proxecto ambicioso para eliminar esta intensidade de coches.
Outra das cuestión que en boa lóxica deberían ter presente os recadeiros do PP, é a finalización das obras de mantemento do Viaducto de Redondela.
Pero un dos grandes temas que dubidamos dende o BNG que se tiveran levado no seu cartafol estes cargos eleitos do Partido Popular, é o da supresión da Peaxe en Rande, tal e como se recolleu no acordo plenario de xaneiro. Supoñemos que non, porque a iniciativa do BNG, no Parlamento galego esta forza política rexeitou a iniciativa de suprimir dita peaxe, por considerala inxusta para os e as redondeláns.