PREGUNTA DO BNG NO PARLAMENTO DE GALIZA RELATIVA Á LONXA DE CESANTES

PREGUNTA DO BNG NO PARLAMENTO DE GALIZA RELATIVA Á LONXA DE CESANTES

Á Mesa do Parlamento

Data envio: 20/06/2012 19:37:22.504

 

Henrique Viéitez Alonso, María do Carme Adán Villamarín e BieitoLobeira Domínguez, deputados e deputada do Grupo Parlamentar do BloqueNacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,presentan as seguinte Pregunta para a súa resposta escrita, dirixida aoGobemo Galego, relativa á construción da lonxa no porto de Cesantes.

 

O presidente do ente público Portos de Galiza presentaba o 22 de marzo do ano pasado o proxecto elaborado polo seu departamento para a construción da lonxa do porto de Cesantes consistindo, dita actuación , nun edificio de dúas plantas e cun orzamento estimado da actuación sería de arredor de 630.000 euros,dentro dun investimento global de 6 millóns de euros.Certo é que os mariñeiros con base en Cesantes veñen reclamando dende fai tempo unhas instalacións de acordo ás necesidades do traballo deste sector,máis esa presentación non estaba sustentada nunha partida orzamentaria específica e non houbo máis avances e concrecións na tramitación e construción da nova lonxa, como quedou demostrado ata o de agora.

O pasado luns houbo cambio de protagonistas e agora era a propia conselleira de Medio Rural e Mar quen presentaba, virtualmente, o proxecto para as novas instalacións, coa mesma argumentación, datos e características do proxecto construtivo avanzadas xa fai máis dun ano, coincidindo tamén no valor de execución e un prazo de execución de nove meses. Máis a pesares de estar xa todo feito, avanzou que o seu compromiso de licitar as obras estaba en antes de concluír este ano. Mariñeiros e pescadores quedaron sorprendidos e fanse a pregunta cales son as razóns para agardar a fin de ano para a licitación das obras cando esta todo feito. Semella que a razón poderosa de ser unha vella aspiración da confradia de pescadores, que son necesarias unhas instalacións acordes para despachar os produtos con distintivo de calidade, que o retraso non fai máis que incidir nas perdas económicas dos mariñeiros e mariscadoras non é suficiente para o Gobemo galego e dilata un ano e medio mínimo a posíbel concreción desta demanda.

Para o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego non é de recibo que si está a toda documentación elaborada, haxa que agardar a ese posíbel fin de ano para licitar as obras, xa que non hai ningunha razón obxectiva real que sustente este atraso, polo tanto obríganos a presentar as seguintes preguntas para a súa resposta escrita, partindo do suposto que o proxecto construtivo xa esta redactado:

 

1) En que partida orzamentaria esta contemplada ou que partida respalda esta actuación?

2) Cal é a razón de agardar a fin de ano para a súa licitación e non facelo xa, de xeito inmediato?

3) Cal é a previsión das datas de licitación, adxudicación, e remate de obra?

4) Non considera o Gobemo que ata a súa construción e dispoñibilidade, poden pasar case que dous anos e seguir afondando nas perdas económicas dos mariñeiros e mariscadoras?

5) Vai reconsiderar a súa postura o Gobemo galego?

En Compostela, a 20 de xuño do 2012

 

Asdo. Henrique Viéitez Alonso, Carme Adán Villamarín, Bieito Lobeira Domínguez

Deputados e Deputada do G.P. do BNG

PREGUNTA DO BNG NO PARLAMENTO DE GALIZA RELATIVA Á LONXA DE CESANTES